tag:blogger.com,1999:blog-76475807217342244142023-11-15T05:28:26.059-08:00CONTOS POPULARES DOS GALEFASContos populares en galegoLECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.comBlogger95125tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-36591696052894863302020-04-02T02:02:00.001-07:002020-04-02T02:47:00.109-07:00O Santo San Breixo

Nunha tarde frieira, de nubes atorboadas, subía polo camiño aldeán, pedregullento e empinado un home de xa boa edade, mais ben desempeñado de corpo, mundano nos xeitos, e afagadeiro no trato, e ó chegar a un portal de casa farta na aparencia, topouse cun vello labrador que arrimado á ombreira aproveitaba as derradeiras raiolas do sol que se puña no horizonte. Como aparentaba ser home de trato e de aire amigalleiro, o camiñante achegouse a el e con modos moi doados pediulle pousada por aquela noite porque non se afoutaba a pasar o monte nunha noite de trebóns como parece que viria. Parolaron un pouco e o vello mandouno entrar.

No serán, asentados ambos encol dun vello banco, leriando ó amor dun lume faiscante, reparou o viaxeiro nun cañoto de ameneiro arrincado pola raíz e tirado para un canto como cousa sen valor. O viaxeiro foi e preguntoulle ó seu hospedeiro se lle queria vender aquel pau.

–E vostede para que quere ese trambollo?

–Pra facer un santo.

–Vostede di iso para facer bulra de min, nonsi?

–Non é, non señor, eu non fago burla dos que me acobexan debaixo do seu teito. Se mo quere deixar en precio e se me deixa traballar ahí fóra no seu alpendre, verá que santiño mais xeitoso e belido eu fago del.

–Pois trato feito: non llo vendo, dóollo e tamén quero ver o que vai saírdiso.

Cando amañeceu, o viaxeiro arrastrou o cañoto para o alpendre e despois de preguntar como se chamaba o santo patrón da freguesia, que soubo ser san Breixo a golpes de machada primeiro, e despois de gubia, e desbasta aquí e axeita aló, fixo un san Breixiño tan ben doado que mesmo daba xenio velo.

Espallouse a nova pola aldeia, e primeiro a medo, e despois en murmurio, foi unha acabada romaria para ver a laboura do viaxeiro. Para ser unha procesión non lle faltou nin siquera o señor abade, e sen se saber por onde apareceu a idea de lle mercar o santiño ó imaxineiro, para o pór no altar da eirexa parroquial.

Pechado o trato aproveitaron o dia do santo para as cerimonias da bendizón e fixéronlle ó seu abenzoado patrón unhas festas moi sonadas que trouxeron á freiguesia xentes de toda a bisbarra, que co gallo da devoción se viñan divertir moi doadamente.

Ó anoitecer tamén o vello pousadeiro foi matar a curiosidade e cando chegou á eirexa e viu a devozón con que se afincaban os romeiros diante do santiño ainda novo en folla, púxose a matinar na tolerias deste mundo e moi para dentro de si, para que ninguéno ouvise, pero ben de cara ó santo, espetoulle, esta cantiga:

Santo san Breixo de Barro

feito de pau de ameneiro,

irmán das miñas tamancas,

criado no meu lameiro.

Para que te puxeron aquí?

Os miragres que ti fagas

que che mos chanten aquí!

E apuntaba co furabolos para a testa, mentres abaneaba coa cabeza, en sinal do pouco creto que lle daba á virtude do santo que andivera tirado na súa pousada.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-77527592631899805022020-04-02T02:01:00.000-07:002020-04-02T02:01:10.884-07:00A empanada

Alá como foi que dous soldados, un galego e un andaluz, se fixeron cunha empanada, non se sabe; o caso é que se fixo de noite, despois de teren ceado.

Como ambolos dous estaban esfameados e a empanada era algo cativa, o andaluz, coa santa intención de a manducar el soio noutro dia, díxolle ao galego que o mellor era deixala pra pola mañán e como era algo pequerrecha apra dous que ian facer un trato: o que de entre os dous soñase coa cousa mais alta naquela noite almorzaria a empanadiña.

O galego notoulle a chuscada e como tivo medo de non saber mentir tanto coma el, aí polo amañecer ergueuse moi caladiñamente e con moito xeito foise á empanada e zampouna no bucho, e despois encubríuna co pano o canto onde estivera pra que se lle non coñecese a sua larpeiricie e foise deitar.

Cando se ergueron o andaluz perguntoulle polo seu soño, e o galego, moi encollidiño de xenio, díxolle que comezase el. E vai o andaluz e contou:

–Eu soñei que estando no chan dei un brinco no áere e púxenme nas nubes.

O galego ouvíulle a fazaña moi caladiño e dixo:

–Eu vinte chegar alá...

–Dende alí –proseguíu o andaluz– din outro pincho con mais arranque e fun mallar ca cabeza no medio a medio das portas do ceu, e a proba velaqui está na miña cachola. Olla o petouto que fixen –e estaba porque tiña un pote feito na vispora.

–Ben; xa que viches todo conta agora o teu sono a ver se tamen cho vin eu...

–Non, home, non; ti non me viches. Cando eu te vin rubir tan outo, tan outo, pensei que non tornabas mais; e como era un pecado perderse aquel ben de Deus Noso Señor, eu erguinme e comín a empanada toda e así aforreime o traballo de andar a soñar cousas imposibles.

Ninguén soubo que cara puxo o andaluz cando se atopou sen a empanada que tiña coma sua, e ben ganada.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-48763881635392611192020-04-02T02:00:00.000-07:002020-04-02T02:00:10.701-07:00O preguiceiro

Coidou un rapazote de pasar a sua vida toda sen facer ren, e como ninguén naceu aprendido, axustouse cun lacazán de moita sona e que vivía a corpo de rei sen ninguén lle coñecer posíbles para iso, para que lle ensinase o mester.

Pechado o trato, mestre e aprendíz fóronse para unha chousa que habia cabo do eido e que tiña abondosos arbores de froita para tódolos tempos, e ó chegaren alí o mestre díxolle ó mozo:

–Ven acá, ho, túmbate aquí á sombra desta ameixeira que ten moitas ameixas maduriñas e así que caia algunha é solo apañala e comela.

Palabras non eran ditas cando se desprendeu unha ameixa e veulle caír mesmamente na boca, e vai o rapáz e diille ó outro:

–Mestre, veña aquí axiña moverme as queixadas para eu comer esta antes de me cair a outra.

O home arregalou uns ollos de a cuarta. Nunca tal vira! Ser nugalleiro era bo, mais aquilo xa pasaba moito das medidas, e sen mais requilorios púxose a andar sen siquera lle dicir adeus.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-42466785004199963442020-04-02T01:59:00.001-07:002020-04-02T01:59:20.713-07:00Como Xan escolleu o criado

Facíalle falla a un labrego un criado para as suas labouras e, como era home precavido, quixo primeiro tentealo ben ata topar un que fose ó seu xeito e para esta experéncia servíuse do pan de millo porque o facia na casa e era, para o caso, o mais doado.

Tomou un mozo e no primeiro dia deulle a comer un pan moi duro, que non habia demos que o rillasen. Ó criado pareceulle mezquiño o trato e salaiouse ó amo, que non lle fixo caso, e o mozo foise.

Veu outro e, no lugar do pan duro, deullo inda medio cru, que se espapolaba na boca e, como non lle agradou aquela mantenza, fóiselle tamén.

Para o lugar deste meteu un outro e deulle o pan medio apodrecido e, como viu que lle non daban doutro, tamén non quedou.

Nisto veulle outro mozo rexo e lanzal, moi sofrido para o traballo e o amo, ao traerlle a comida, díxolle:

–Mozo, hoxe o pan estache algo duro.

–Meu amo, a pan duro dente agudo, e comeuno.

Ó outro dia, díxolle:

–O pan hoxe non se coceu ben e estache algo mol.

–Mesmo así mol ha de ir para o fol, meu amo.

Vai e noutro dia deulle o pan con un saibo ó podrido que mal se podia tragar.

–Mozo, o pan hoxe estache algo podre.

–Pacencia, mesmo podre ha de ir para o odre e comeullo.

–Así quero eu os homes: que coman do que hai.

E dende aquel dia tratouno ben porque lle era moi traballador e nada nifroso.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-14011205829168729592020-04-02T01:58:00.000-07:002020-04-02T01:58:17.313-07:00Quen te non conecer que te compre!

O caso contan que pasou alá polas bandas de Santiago ou doutra terra calquera onde hai moitos estudantes.

Un langrán foi á feira mercar un burrico para o axudar na laboura das suas terras e como atopou un que lle pareceu de xeito, fixo o trato co dono e mercoullo.

Entre o remate do trato, o xantar e o calor que facía chimpouse unha media ducia de cuncas do tinto ribeirán e cando se veu para súa casa co burriño de arreata viña medio tente-non-caias. Uns estudantes que asistiron ó trato e viron como ía o comprador resolveron entre si facerlle unha brincadela e adiantándose no camiño que levaba, agacháronse por detrás dun silveiral e despois que pasou por onde eles estaban, saíu un mainiñamente, e, sen ser presentido, tiroulle o cabresto ó burro e púxose el no seu canto, indo atrás do langrán. Os compañeiros arrecadaron o burro, metérono nunha toxeira e esperaron polo resultado.

Na revolta dun camiño ollou o home para atrás e atopouse co mozo atado pola corda no lugar do burrico. Arregalou os ollos, reparou para tódolos lados e non se tiña en si de abraiado. Non podía atinar como o seu burriquiño se fixera xente; nisto o estudante moi lerchán salaiouse:

–Ai, señor, non se admire, eu sonlle home e xa era tamén cando por encantamento me mudaron en burro, mais ó pasar polas almiñas que deixamos na encrucillada desfíxose o meigallo que me botaron e deixei de ser burro... Non me maltrate que eu non teño culpas, quen as ten é o ladrón do bruxo que me vendeu sabendo o que tiña... Vostede se o achar en calquera parte déalle catro paus que non lle pasa nada porque xa é moi coñecido polas suas falcatruadas, mais a min déixeme porque ben ve que eu son xente e xente non se pode mercar...

E méntre-lo outro non caia en si de abraiado soltouse do cabresto e púxose ó fresco cara os compañeiros.

Os estudantes vendéronlle o burro ó primeiro chafulleiro que lle cadrou no camiño, e de man en man o bo do burrico foi dar nunha feira en que tamén estaba o langrán que fora roubado. Este, ó velo achegouse a el, apalpouno, ollono por tódolos lados e cheo de convencemento díxolle:

–Quen non te conocer que te compre, que a min xa me non enganas outra ves!...

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-61139556472952866602020-04-02T01:56:00.003-07:002020-04-02T01:56:41.620-07:00Roque... Roque... Roque...

Nunha aldea ribeirán, abondosa pola sua produzón e polo axeitado dos seus fillos para gana-la vida, habia unha cofradia que tiña ó seu cárrego e como sola razón de ser festexar dignamente ao divino san Roque, patrón da terra.

No dia da festa do adourado santiño non eran coreños nos gastos, e procuraban darlle á funzón o meirande brilo. Tiñan por costume tódolos anos mandar vir un pregador de sona para loubar mais e o millor que poidese ao seu glorioso patrón, pregador que decote era moi ben agasallado e inda mellor pago. Nun ano veulle un frade moi paroleiro, de voz cariñosa e convencedeira, e que a todos lle agradou moito sendo por iso tratado a corpo de rei polos devotos, mais na hora de lle pagar, o bulso da cofraria deulle un peso somente. Pareceulle a doazón cativa ó pregador diante do agarimo dos penitentes que el vira e sentira e así llo dixo ó pagador, e este expricoulle o caso.

–É costume da nosa irmandade darlle ó pregador un peso por cada vez que mente o nome do noso san Roquiño querido e como Vosa Paternidade soio llo mentou unha, dámoslle o que de xusticia lle toca.

O frade engulíu en seco mais como ese era o uso e costume da terra tivo que se conformar coa mesquiñeza que lle deron.

Veu outro ano, outro frade e doutro convento para pregar, porque non adoitaban repetir o mesmo, mais o bulrado puxo ao novo ó corrente do costume da cofraria, e aquilo e que foi un nunca acabar de san Roque para un lado, san Roque para o outro, san Roque milagreiro, san Roque confesor, san Roque abogado contra a peste, san Roque co seu canciño, o canciño con san Roque e pra rematar, a ladaiña:

–Meus irmáns amados, o divino san Roque é tan querido que ata as rás no seu charco repeten roque, roque, roque...

–Chega, chega, reverendo, que xa se me acabou o esteo e non teño mais onde pór os riscos nin cartos que abonden para lle pagar –berrou un dos cofrades que era o encarregado de levar as contas dos roques

Dende aquel ano, polo si ou polo non, antes da festa axustan co pregador o que se lle ha de levar, non sexa o demo que se combinen outra vez e os deixe sen cartos ou sen honra por non faltaren ós costumes.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-77167097477120226802020-04-02T01:55:00.003-07:002020-04-02T01:55:40.269-07:00Falar soñando

En unha casa das moitas en que vivian en Lisboa un fato de galegos cáseque todos do mesmo oficio, moraba un que entre os compañeiros, todos augadores, tiña a sona de refinado caloteiro.

Unha noite, ó chegar á casa, foise ó pé do leito dun compañeiro que xa estaba deitado e díxolle:

– Xan, ¿ti dormes ou estás esperto?

O outro, que era algo prosmeiro, respondeu:

– Estou acordado, ho, ¿por que?

– É que tiña que mercar unha roupiña que a que traio xa anda nos fios, e facíanme falla cinco pesiños. Se os tiveras a xeito pedíachos emprestados e para o mes que vén, así Deus me axude, como chos pagaba con xuros e todo.

O que estaba deitado calou. Canso de esperar o pedicheiro, dixo:

– Ti non me respondes, ho?...

– É que estou a dormir.

– Estás a dormir e estás falando?

– É que estou soñando.

– Soñando!... E ti que soñas, ho?

– Que chos empresto e que non mos pagas.

Dixo isto virouse para a parede e púxose a roncar como un cocho, mentras o outro quedou como un pasmón coa resposta.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-52840477919473876742020-04-02T01:51:00.000-07:002020-04-02T01:51:55.278-07:00Cento por un

Nun lugar apartado dunha freguesia da montaña, arredado do centro por soutos e fragas cortados por unha corredoira cativa e mal coidada, vivía un home que os veciños tiñan por algo toleirón, inda que non botase ren a perder. No día da festa do santo patrón que era tido por moi miragreiro e para o que as xentes de toda a bisbarra tiñan grande devozón, devozón que se traducía en doacións que engordaban as riquezas do abade tódolos anos. Foi o home á misa e cadrou a chegar cando pregaba o crego da freguesía, que era moi xeitoso para esas cousas. Con xestos e acenos espectaculares e con verbas agarimosas comezou a dramatizar a vida do divino santo e as suas cualidades protectoras para aqueles que lle eran devotos e fieles; gaboulles a xenerosidade para con tan outo protector na certeza que o santo lle pagaría a todos con ganancia, e de cando en cando, facéndose todo mel, con voz agarimosa e convencedeira estrebillaba:

– Ofrecedevos ó santiño de todo o corazón, que el, que é agradecido havos de pagar o que lle deades con cento por un!

Volvia a machicar:

–“Quen dá o seu a quen o entende, non o dá que ben o vende”

E á volta de moitos arrodeos, levando sempre a brasa para a sua sardiña repetía:

– O santo devolveravos cento por un!

Os presentes caían que era unha bendizón de Deus: lacóns; galiñas, polos e ovos; cabritos e carneiros, que non habia mans a medir.

O tolo que estaba nun curruncho a ouvir a pregazón púxose a matinar o que ouvía e a pensar en ofrendarlle ó santo un carneiro moi bo e moi ben coidado que tiña. E se o santiño lle dese, como decia o señor abade, cento por un, entón polas suas contas ficariaben remediado.

Meu dito, meu feito. Foise ó eido e trouxo o carneiro ,que como o trataba moi ben andaba atrás del coma un can. Deullelo ós encarregados de recebe-las doacións e tornou para sua casiña cos ollos arrasados de bágoas, pois o que era quererlle ó seu carneiriño, queríalle.

Ó segundo dia era véspera da feira da vila e pouco antes do anoitecer, cando estaba pensando no seu rico carneiriño, viuno entrar pola eira adentro con outros cinco mais, todos brancos, gordos e lucidos que daba xenio velos. Fincouse o home de xionllos no chan cara ó sol que se puña e agradeceulle ó santiño adourado o miragre que comezaba a facer mandándolle cinco carneiros por conta dos cen.

Ó outro dia, como non era lacazán, antes de nace-lo sol, foise camiño da feira e vendeu os cinco carneiros da ganancia. Tornou para a casa e foille levar ó señor abade o carneiro que lle dera ó santo, porque iso de comprido el érao tanto como o mellor.

Preguntoulle ao crego polos outros que lle faltaban e el, moi simplorio, respondeu:

– Vendinos, señor abade.

- ¿Como? Entón ti vendeches o que non era teu, señor senvergonza? Pobre de ti, cara che vai custar a festa...

– ¿Non eran meus por que, señor? Vostede, inda hai tres días,

á vista de moitos centos de persoas que o estaban a ouvir, non dixo que se lle dese limosna ó santo que el nos daría cento por un? Pois velahí está. Eu dinlle un carneiro, que é este que lle traigo aquí, e el xa me mandou cinco, mais .

Inda me debe noventa e cinco que mos ha de ir mandando ós poucos, e senón veremos!

O crego viu a cuqueza do toleirón e pra non facer escándalo doulle un par de labaadas e fíxoo levar o carneiro que lle trouxera, porque se non eran capaces de ir mesmo os cento por un.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-91758537697332353472020-04-02T01:50:00.000-07:002020-04-02T01:50:06.961-07:00O coello

Un probe, de caxado na man, subía por un monte adiante, camiño de outra parroquia, onde ia a pedir esmola e viu acamado antre unha toxeira un coello gordo e lucido; marcouno ben, e con o caxado erguido púxose a botar as contas:

– Mato este coello e vou vendelo á vila por unha boa pesetiña, con ela merco sardiñas pra vender e como o que vende sardiñas come galiñas, hei de ter nelas boa ganancia que tornarei a empregar e cando teña ganado bastante merco un xatiño: heino de ir criando e despois de criado véndoo e merco dous pequenos que hei de criar e cando foren grandes poños ó carro, e cando vaia por unha costa arriba con que garbo lle hei de berrar:

– ¡Ei boi, ei!

Con o berro o coello asombrouse e dun pulo desapareceu polo medio do mato, mentres probe co caxado no aire, caia da burra abaixo.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-38146405056366365152020-04-02T01:48:00.003-07:002020-04-02T01:48:42.012-07:00A herdade da manta

Un pai, que era moi probe, cando morreu deixoulle ós seus tres fillos unha manta soa para se cobriren. Dormían os tres no mesmo leito e nas noites frieiras do inverno rifaban a cotío porque cada un puxaba pola manta para el. O máis novo, que os outros dous tiñan como medio tolo, un día propuxo ós irmáns a venda da sua parte no herdo da manta con a condizón de o deixaren dormir entre os dous. Os outros, como se tiñan por mais agudos, non se decataron da malicia e mandárono facer o papel do trato e firmárono.

Despois eles, cada un turraba pola manta para o seu lado e o que parecía parvo ríase deles porque estaba sempre ben abrigado, e dicia:

-“Coitadiño de quen vende que non tira nin estende”.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-43321570609897416822020-04-02T01:47:00.002-07:002020-04-02T01:47:42.072-07:00Se non pesco eu, pesca o compañeiro

Andaba un pastor co gando e dous ladróns pasaron por alí e quixeron roubarlle un carneiro que tiña, mais como o pastor non deixaba o gando, idearon unha maneira de o enganar pra llo levar. A un lado do campo pasaba un regueiro que nese tempo ia seco porque era vran, e vai un dos ladróns agachouse atrás dun muro e o outro foise para o pé do regueiro e púxose a pescar. O pastor topoulle chiste ó caso e foise onda el e preguntoulle:

–Vostede que fai aí home? Non ve que o regueiro vai seco e non pode pescar nada?

–Boh... –dixo o ladrón– Sen non pesco eu, pesca o meu compañeiro.

Como o pastor non viu no campo mais ninguén, pareceulle un tolo e deixouno estar. Mentras tanto o outro ladrón fuxiu co carneiro, e o pescador continuou polo regueiro abaixo, e marchouse co compañeiro.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-49250446199277200752020-04-02T01:46:00.003-07:002020-04-02T01:46:39.259-07:00O muiño no outo

Un vello púxose a facer un muiño, de moer con auga no alto dun monte. Pasou por alí un veciño e vendo a toleria que estaba a facer preguntoulle:

¿E-a-auga, ti onde has de ir buscala para o facer moer?

O vello douse conta da parvada mais non querendo dar o brazo a torcer contestoulle:

-Algunha cousa se ha de facer primeiro.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-30327299069619171062020-04-02T01:45:00.000-07:002020-04-02T01:45:29.813-07:00Un italiano, un francés e un galego.

Era unha vez un italiano, un francés e un galego e fixeron unha aposta sobre quen tiña a mellor cousa na súa terra.

O italiano dixo que tiña un coche que se o botaba a 200 kms. por hora era quen de frear nunha liña que fixeran eles. Fixeron a raia e non freou xusto. Entón dixo o italiano:

-Cuarta máis, cuarta menos!

Logo tocoulle o turno ao francés que dixo ter un cabalo que botado ao gallope paraba de súpeto xunto á raia que fixeran eles. Fixeron unha liña e o cabalo parou preto. Entón o francés dixo:

-Cuarta máis, cuarta menos!

Tocoulle ao galego. El dixo que no seu pobo vivía un home que comía polas orellas. Foron ao pobo e viron que o home comía normal. Miraron para o galego e este dixo:

-Cuarta máis, cuarta menos!

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-11604897982830451412020-04-02T01:44:00.000-07:002020-04-02T01:44:09.604-07:00Os tres burros

Había unha vez un labrador arando nunha leira con dous burros. Cadrou de pasar por alí un home que era veciño seu e díxolle se lle deixaba falar con un dos burros. O labrador, un pouco estrañado, contestoulle que si. E o veciño, que se chamaba Florindo, achegouse á orella dun dos dous burros. Este colleu medo, dou un chimpo, rompeu o xugo e fuxiu correndo para a casa.

O labrador, cada vez máis extrañado, preguntoulle a Florindo que fora o que lle tiña dito ao burro para que saíra correndo daquel xeito. Florindo, que era un pillabán, dixo que lle acababa de dar a noticia da norte da súa nai.

-Pois vaite de aí para a casa – dille o labrador a Florindo- e que non te escoite o outro porque sonche irmáns e, se o outro foxe tamén, quédame a leira sen arar.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-58901361312538934852020-04-02T01:43:00.000-07:002020-04-02T01:43:03.763-07:00Os dous tolos

Eran unha vez dous tolos que fuxiran do manicomio. Os gardas andaban cacheando e os dous escaparan polo Tellado. O máis listo dos dous tropezou cunha tella, a tella cae ao lado dun garda e este di:

-Quen anda aí?

O listo fai:

-Miaau!

E di o garda:

-Bah, é un gato

Os gardas siguen cacheando e máis tarde cae outra tella. E o garda volve preguntar:

-Quen anda aí?

E o parvo, que fora quen tirara a tella, dille:

-Outro gato

Entón o guardián decatouse de que eran eles e foi correndo atrás deles. E, entón, ao ver que o guardián viña detrás deles, o listo agachouse dentro dun bidón e o parvo dentro dun saco de patacas. E o guardián ao pasar por alí petou no bidón e máis no saco de patacas para ver se estaban alí. O listo ao tocar o guardián no bidón fixo: Boim! O parvo, cando o outro tocou no saco fixo: Patacoim!

Logo chegaron a unha praza e empezaron a dar voltas á mesma. Cando os garda os estaban a atrapar, dille o listo ao parvo:

-Corre que nos collen!

E dille o parvo ao listo:

-Tranquilo, que aínda lle sacamos tres voltas de vantaxe

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-44910486279615448452020-04-02T01:41:00.003-07:002020-04-02T01:41:30.605-07:00O careco, o xordo e o cego

Había unha vez un careco, un xordo e un cego. Empeza o cego:

-Vexo unha formiga polo campanario

E di o xordo:

-Xa lle escoito os pasos

E di o careco:

-Non falar diso, que se me poñen os pelos de punta

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-11148665338856520752020-04-02T01:40:00.003-07:002020-04-02T01:40:27.113-07:00A avaricia rompe o saco

Había dous compadres arrieiros, un era rico e o outro pobre. Os dous ían vender millo á feira.

Cando pasaron por diante da igrexa, o pobre decidiu quedar á misa, pero o outro pensou que era mellor ir á feira. Cando o pobre ía entrar na igrexa, o rico propúxolle unha aposta que consistía en que o que máis millo vendese quedábase coas mulas do outro.

O pobre quedou a rezar, confiado en que Deus lle axudaría a gañar a aposta mentres que o rico estaba a vender o millo na feira.

Naturalmente, o rico, ao chegar antes, vendeu máis e polo tanto gañou a aposta. O pobre, todo enfunicado, foi cavilar ao bosque. Arrimouse a unha pedra e alí estaban dous demos a contar as valentías que fixeran. Un demo dicía que enfeitizara á filla do rei, e que só rompería o feitizo o sangue dunha serpe que se atopaba no pallote real.

O pobre marchou a todo correr xunto ao rei e fixo o que o demo dixera. A filla do rei sandou e o seu pai, en agradecemento, deulle un carro cheo de ouro.

Certo día encontrouse o rico e o que antes era pobre. Este contoulle como se fixera rico. O rico adoecía de ser máis rico e foi ao lugar onde o pobre escoitara a conversa dos demos.

Os demos non tardaron moito en chegar. O máis listo dixo:

-Alguén nos espiou, pois a filla do rei sandou. Imos por aí mirar xa que a alguén habemos de atopar.

Os demos púxeronse a buscar, e claro, atoparon ao rico e esfolárono

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-23411447185934648192020-04-02T01:39:00.000-07:002020-04-02T01:39:14.021-07:00Un rapaz tímido

Esto era un día un rapaz moi timido que entra nunha cafetería e, despois de acomodarse, vén o camareiro e pregúntalle:

-Que quere vostede?, dille o camareiro.

-Póñame un café, dille o rapaz

-Solo?, responde o camareiro

-Bueno! Entón póñame dous, di o rapaz

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-47177159278844156422020-04-02T01:38:00.000-07:002020-04-02T01:38:12.969-07:00Un fillo listo

Unha vez, un pai mandou ao seu fillo á feira para vender unha vaca. Tras unha corta caminata o fillo mirou para atrás e díxolle ao pai:

-Papá, e se non vendo a vaca déixoa ou tráioa?

Nisto díxolle o pai:

-Traina, filliño, traina

Entón dille este home a un veciño que estaba alí:

-Que listo é o meu fillo!, que me di que, se non a vende, que lle fai, deixaa ou traea.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-13035351179410516892020-04-02T01:37:00.000-07:002020-04-02T01:37:00.133-07:00Máis ensina a necesidade ca universidade

Había unha vez un pai que tiña un só fillo e eran moi pobres. Un día, o pai dixolle ao fillo que tiña que ir co burro leva-lo gran ao muíño. O fillo díxolle entón ao pai:

-Pero papá, como vou ir eu so levando un saco de fran que non podo con el?

-Leva o burro, meu fillo

-Pero, papá, se eu non teño forzas para poder descarga-lo saco e baleiralo na caixa do muíño

-Non te preocupes, meu fillo. Entón pídeslle axuda á necesidade. Xa verás como vén na túa axuda.

O rapaz non quixo preguntar máis nada. Pero cando ía polo camiño, á saída de súpeto dun paxaro dunha Silveira asustou ao pobre do burro e este, ao saltar, dou co saco de gran no chan.

O rapaz nin tan siquera intentou botarlle mana o saco, suxeitando ao burro pola corda e berrando moi confiado:

-Necesidade, axudame!

Pero ninguén acudiu aos seus berros, aínda que insistiu unha e outra vez en seguí-lo consello do seu pai.

Cando, ao fin, se decatou de que realmente non ía vir ninguén na súa axuda, arrimou o burro como pudo a ovalo que había á beira do camiño e, despois de atalo a un pau de toxo, arrastrou como pudo o saco de gran ata a cima do valo e, con moito traballo, logrou botalo enriba do burro. Xa no muiño, non quixo volver chamar pola axuda que lle aconsellara seu pai, e outra vez arrastrando o saco ata dentro do muíño foino baleirando pouco a pouco na caixa, a puñados, ata que foi capaz de subilo enriba da cabeza e baleiralo de todo.

-Papá –queixouse o rapaz cando estivo de volta na casa-, eu fixen como ti me dixeches. Chamei pola necesidade para que me axudara primeriro a levanta-lo saco que tirou o burro e, despois -mentiu agora- cando tiven que subilo e baleiralo no muíño. Pero ninguén acudiu á miña chamada

-E ti que fixeches, meu fillo? -díxolle o pai.

E o rapaz explicoulle os traballos que pasara para poder resolver ámbalas dúas situación.

-Pois esa é, meu fillo, a necesidade!

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-84605049913489789482020-04-02T01:35:00.000-07:002020-04-02T01:35:11.074-07:00Un home valente

O Ramiro era un home verdadeiramente destemido. Ninguén que escoitara falar del puña en dúbida a súa valentía. Como dicía a xente non lle tiña medo nin a vivo nin a morto.

Unha noite, que volvía tarde, coma sempre, da taberna, descubriu que alguén se movía diante del, ó seu modo de pensar, dun xeito provocativo

-Ti quen es? –preguntoulle moi arroutado o Ramiro

Pero o fulano nin contestou nin deixou de moverse, de todo indiferente ao mal humor de Ramiro.

-Non cho volvo preguntar –falou Ramiro con máis desacougo que mal xenio- Quen es e que queres de min?

E sen agardar resposta, diante da insolencia do descoñecido, sacou o revólver do peto do pantalón e descargou contra el o cargador enteiro.

Ao día seguinte, uns mozos que atoparon parado no camiño ao Ramiro, que non lles quixo dicir nada do que estaba a acontecer, puideron comprobar que o Valente e destemifo veciño matara a tiros a noite anterior a …..unha xesta que se movía co vento.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-23969103992883388512020-04-02T01:34:00.001-07:002020-04-02T01:34:14.327-07:00O preito do emigrante

Non tiña cartos para comer e no porto foi comer a unha taberna unha ducia de ovos cocidos e marchou sen pagar. O home foi para América e fixo fortuna. Cando veu, no mesmo porto había unha igrexa e foi rezar. Só deixaba un, e dixéronllo, e tamén lle botou.

Foi comer á mesma casa na que comera cando marchara e mais pagar con reutos o que lle quedara debendo. Pero o taberneiro, como era egoísta, preguntoulle cantos anos botara na América e, despois, o home díxollo. O taberneiro botoulle contas aos ovos que, botados a pitos, podía criar moitos pitos. E tanto lle sumaba que o home tiña que lle deixar a fortuna alí.

En vista diso, non lle pagou nada e púxolle preito.

E, cando estaban no choio do preito, o taberneiro estaba a punto de gañar. Pero entón chegou un home súando e fatigado, e dixo que viña de cocer fabas para sementar. E o xuiz díxolle:

-Cocer fabas para sementar? As fabas cocidas non nacen.

E el contestoulle:

-E os ovos cocidos non crían pitos

Gracias a isto gañou o preito o que viñera de América

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-79629598374215186922020-04-02T01:32:00.003-07:002020-04-02T01:32:43.864-07:00Por aí tamén bebo eu

Un soldado perdeuse nunha aldea e deulle por ir a unha casa que por alí había. Chamou á porta e pediulle de beber á muller que lle abriu. A muller da casa era engorriñada, estaba despeitada, sen dentes e sucia.

Deulle un xerro de auga, pero o soldado receou un pouco dela e púxose a pensar: “Se a muller bebe polo bico, bebo polo sitio dela e teño noxo. Se bebo polo lado dereito, tamén bebo polo sitio dela. Se bebo polo lado esquerdo, tamén bebo dela. Vou beber polo sitio da asa do xerro”.

E púxose a beber e a beber ata que se fartou. Cando rematou, díxolle a muller:

-Coma mín meu filliño, por aí tamén bebo eu.

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-76324135695246083202020-04-02T01:31:00.001-07:002020-04-02T01:31:36.365-07:00O soño do galo

Certo galo tivo un soño que lle provocou moito desacougo. Soñou que no curral había un animal estraño. Ao galo tanto lle molestou aquel pesadelo que se puxo a berrar Unha das galiñas espertou e o galo contoulle o seu soño e a galiña escachou coa risa. Díxolle que nada lle ía pasar porque tivera aquel soño. Propúxolle dar n paseo polo curral. O galo aceptou e botou andar, cantando, seguido da galiña. De súpeto, veu unha raposa que estaba sentada axexando. Era o caso que o galo xamais vira unha raposa. Quixo voar e pousarse nunha estaca onde poidese estar seguro mais a raposa díxolle que era a súa amiga e que non quería facerlle mal.

Pasaba eu por aquí –dixo a raposa-, e oín a túa doce voz.

O galo hinchou e despois de mover as ás como abanicándose, quedou no chan. Este era o momento que agardaba a raposa.

-Lémbrome do teu pai -dixo a raposa. Que gran cantor era! Acostumaba pórse de puntas e estirar o pescozo e cando ía dar a súa nota máis alta, cerrou os ollos. A raposa colleu ao pobre cantor polo pescozo e escapou. Unha das galiñas, ao ver tan triste espectáculo, pegou un gran berro. A dona do galiñeiro saíu da casa, sacou un bastón e foi correndo detrás da raposa, pero esta correu e suou moito, ata que por fin chegou a unha fraga onde lle dixo ao falo:

-Se eu estivese no teu lugar quedaríame aquí e aquí comería á présa a pesar da vella e o seu bastón.

-Tes razón –dixo a raposa. Así o farei

Mais no momento que a raposa abriu a boca para dicir estas palabras, o galo sacou o pescozo de entre os dentes e, nun abrir e pechar de ollos, voou e pousouse sobre a póla dunha árbore.

-Baixa, explicareiche porque o fixen –dixo a raposa.

-Non, non baixo. Déchesme unha lección

O mesmo dixo e repuxo a raposa

-Estame ben por falar cando calar debía

LECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7647580721734224414.post-44247331976931632942020-04-02T01:28:00.003-07:002020-04-02T01:28:57.355-07:00O que garda sempre tenUnha vez unha vella gardou un peido dentro dun canelo e, cando tal, destapabao, cheiraba e dicía:

-Ai! O que garda sempre tenLECTURAS EN GALEGOhttp://www.blogger.com/profile/05138425942412076152noreply@blogger.com0