mércores, 1 de abril de 2020

A araña coxa

Era unha vez unha araña moi lista, moi simpática e moi orgullosa.  Tódalas mañás saía dar un paseo pola rúa. Un día que había moita xiada e moito caramelo saíu como todos os días a pasear, esvarou e rompeu unha pata.

-Que forte é o caramelo que me rompeu unha pata

E dixo o caramelo:

-Máis forte é o sol que me derrete.
-Que forte é o sol que derrete ao caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo o sol:

-Máis fortes son as nubes que me tumban
-Que fortes son as nubes que tumban ao sol, que derrete ao caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixeron as nubes:

-Máis forte é o vento que nos leva
-Que forte é o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo o vento:

-Máis forte é  a parede que me torna
-Que forte é a parede que torna ao vento, o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo a parede:

-Mais forte é o rato que me fura.
-Que forte é o rato que fura a parede, a parede que torna ao vento, o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo o rato:

-Máis forte é o gato que me mata
-Que forte é o gato que mata ao rato, o rato que fura a parede, a parede que torna ao vento, o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo o gato:

-Máis forte é o pau que me mata
-Que forte é o pau que mata ao gato, o gato que mata ao rato, o rato que fura a parede, a parede que torna ao vento, o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo o pau:

-Máis forte é o lume que me queima
-Que forte é o lume que queima ao pau, o pau que mata ao gato, o gato que mata ao rato, o rato que fura a parede, a parede que torna ao vento, o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

E dixo o lume:

-Máis forte é o auga que me apaga
-Que forte é o auga que apaga o lume, o lume que queima ao pau, o pau que mata ao gato, o gato que mata ao rato, o rato que fura a parede, a parede que torna ao vento, o vento que leva as nubes, as nubes que tumban o sol, o sol que derrete o caramelo, o caramelo que rompeu a miña pata.

Ningún comentario:

Publicar un comentario