mércores, 1 de abril de 2020

O cura e o paxariño

Un día nunha vila chamada Samos (Lugo), un cura foi a unha fonte que estaba nas afóras coller auga. Alí aparecéuselle un paxariño bastante grande con poucas cores na plumaxe. O cura mirou para aquel paxaro un pouco asustado e o paxaro pousóuselle no ombro e comezou a cantarlle moi suave, tanto que o cura quedou durmido.
Segundo conta a lenda, o cura botou durmindo preto de 2000 anos, aínda que a el só lle pareceron cinco marabillosos minutos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario