mércores, 1 de abril de 2020

Quen será o outro?

 Era un matrimonio que fritiron tres ovos para cear. Cando foron comelos, dixo o home que el comía dous. A muller dixo que non, que sería ela quen os comería. Rifaron. E no rifirrafe a muller deulle cunha tixola na cabeza ao home e deixouno por morto. A muller coidóu que xa era cadavre, e amortaxóuno. Entón ela empezou a berrar que se lle matara o home, que esbarara na pedra da lareira e que morrera.  E craro, como ata daquela a parella sempre se levara moi ben ninguen desconfiou de que pasara o que pasara

     Pola noite veu a xente ao velatorio. E, cando estaban todos cabo do defunto, éste veu en acordo pouco a pouco.

      Ao empezarlle o coñecemento, seguía coa teima, e berróu: "¡Eu hei comer dous! ¡Eu hei comer dous!". Asustada a xente do velatorio, coidaron que era cousa do outro mundo, e saíron a escape. Mais o crego que era coxo, non podendo correr, ía saíndo e decía: "¡Pobre de mín e máis doutro!".  

Ningún comentario:

Publicar un comentario