Ía unha vez unha raposa polo monte e víu voar unha aguia moi outa.
"Ai" - berroulle - "¿onde vas?"
"Vou ás bodas ó ceo" - respondeulle a aguia.
"E logo, hai bodas hoxe? "
"Hai; e moi boas, por certo".
"Pois eu quería ir. Como faremos ? "
"Eu levaréite".
Entón a aguia pousouse no chao, a raposa subíuselle ás costas e botaron a voar.
Ó ir xa moi outos, a aguia fixo un recorte e chimpóu a raposa embaixo. E a raposa, o ver que ía caír por riba dun penedo, púxose a berrar:
"Fuxe laxe que te esfarelo
que se saio desta
non quero mais bodas do ceo"
Ningún comentario:
Publicar un comentario