mércores, 1 de abril de 2020

Muller terca

Dúas mulleres indo lavar a roupa ao río empezaron a rifar e unha delas chamaballe a outra peollosa. Chegaron ás mans e no medio da pelexa, a que che chamaba á outra peollosa caeu ao río. A corrente arrastrabaa e mentres ía río abaixo seguíalle berrando o mesmo á outra. Cando empezou a ir para abaixo da auga e non podía falar, sacou os brazos para cima da auga e coas dúas mans facía que mataba nos piollos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario