mércores, 1 de abril de 2020

O can católico

Había un home que tiña un can de raza loba.

  Un día, o can, xa vello, enfermóu e morreu ao pouco.

     E o  home, que o quería moito, pensóu en facerlle unha misa, un funeral; o can ben o merecía.

     Así que foi xunto o crego e dixolle:

     - Mire, morreume o can e quero facerlle unha misa...

     - Estas tolo ? Como vas facerlle unha misa a un can ? Ti es unha calamidade, home, o que non se lle ocurre ao demo.....

     O  home quedóu pensando e dixo:

     - Bo, se me pon tantos peros e no quere facerlle a misa...., vou ir aí arriba, á capela evanxélica a ver se eles me fan o favor. Funeral no ha de faltarlle ao can. Teño aquí duascentas mil pesetas e sen funeral non queda....

     - Canto dis ? Duascentas mil ? Pero home, como non dixeches antes co can era católico.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario