mércores, 1 de abril de 2020

A formiga e o merlo

Mentras a formiga traballaba sen descansar en todo o verán, a merla non facía máis que andar cantando dun lado para outro, sen botar conta de que despois xa ía vir o inverno coas neves de a meses e xeadas coma neves.

    De modo que, cando o tempo emprencipiou a pórse ruín, a merla non tiña que botar ao pote. Acordouse de que a formiga tiña a bodega chea e colleitas e alá se foi co rabo quente pedirlle que lle prestase con que tirar ata o verán que viñese. 

     Mais a formiga púxolle mala cara e díxolle ao tempo que lle fechaba as portas da casa nos mesmos fociños:

- Mentres andiveche de silveiro en silveiro,
chirlo merlo, chirlo merlo,
traballaras no verán para o inverno

Ningún comentario:

Publicar un comentario