mércores, 1 de abril de 2020

Os dous raposos

Era un raposo que tiña un fillo case acabado de nacer. Unha mañá de néboa o pai díxolle ó fillo:
—Imos ás galiñas?
—Non, non imos que vai vir o can —dixo o fillo.
—Non vén; non ves que boto as cartas —respondeu o pai.
Despois disto decidiron coller o camiño. De súpeto apareceu o can e o fillo díxolle ó pai:
—Papá, bota as cartas.
E sen máis pensalo o pai contestoulle:
—Deixa as cartas e salta as matas, que en tempo de apuro non valen as cartas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario