xoves, 2 de abril de 2020

Por aí tamén bebo eu

Un soldado perdeuse nunha aldea e deulle por ir a unha casa que por alí había.  Chamou á porta e pediulle de beber á muller que lle abriu.  A muller da casa era engorriñada, estaba despeitada, sen dentes e sucia.

Deulle un xerro de auga, pero o soldado receou un pouco dela e púxose a pensar:  “Se a muller bebe polo bico, bebo polo sitio dela e teño noxo.  Se bebo polo lado dereito, tamén bebo polo sitio dela.  Se bebo polo lado esquerdo, tamén bebo dela.  Vou beber polo sitio da asa do xerro”.

E púxose a beber e a beber ata que se fartou. Cando rematou, díxolle a muller:

-Coma mín meu filliño, por aí tamén bebo eu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario