mércores, 1 de abril de 2020

O andaluz e o galego

Unha vez era un andaluz e un galego que ían xuntos no tren meténdose pullas o un ao outro, e o andaluz díxolle ao galego: 

 - En mi tierra vi un repollo tan grande que ocupaba una extensión de cuatro kilómetros cuadrados.
  
 E entón díxolle o galego: 
  
 -Pois na miña terra están facendo unha caldeira tan grande que traballan nela cen latoeiros e non se senten os uns aos outros golpear os martelos.
  
 -¿I para que iban a haser una cardeira tan grande?
  
 -Para cocer o teu repolo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario