xoves, 2 de abril de 2020

Palla para un mes

Isto era unha vez un home que tiña unha vaca, e como lle daba moito traballo ter que ir todos os días á herba, e todos os días encher as maseiras, decidiu utilizar algunha estrataxema para que a vaca se acostumase a comer menos.

Un día pareceulle atopar a solución: colgoulle unha grande gavela de palla do teito da corte, de tal xeito que a vaca apenas a alcanzaba e dixo:

-Que a comas que a deixes de comer
tes palla para máis dun mes.

A palla durou, efectivamente máis dun mes, pero a vaca morreu de fame aos cinco días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario