mércores, 1 de abril de 2020

Je ne compred pas

Naquel tempo, os ferrocarril aínda non tiña retretes nos coches, i a xente tiña que baixarse nas estacións pra poder facer as súas necesidades.

     Un día, nunha estación baixóuse tanta xente que tuveron que facer cola pra ir ao retrete; pero un francés que tamén viña no tren, en vez de poñerse á cola, foise ao medio dun montón de sacos de fariña que había no almacén.

     Véuno o ferroviario e foille chamar a atención, pero o francés, como non entendía, díxolle "Je ne comprends pas".

     -Bueno, home - contestóulle o ferroviario-, pero porque vostede non compre o pan, non vai mexar na fariña..

Ningún comentario:

Publicar un comentario