mércores, 1 de abril de 2020

O galego e o cabalo do rei

Certo día, a un galego pasóulle un caso estando servindo ao rei. O rei tiña un cabalo moi bo, e tíñao en tanta estima que ofreceo aforcar ao que levase a noticia da morte do cabalo. Un día, estando coidando do cabalo un soldado andaluz, deulle un torzón e estiróu a pata. O soldado non se atrevuo a darlle a noticia ao rei por medo a que o mandase matar, i entonces foise o galego, e díxolle:

      -Non te apures, ho, non te apures, que deste atranco heite sacar eu. Deixa, que eu lle daréi a noticia da morte do cabalo ao rei.

      O andaluz víu o ceo aberto, e deixóu de boa gana que o galego se entendese co rei. Chega o bo do galego a xunto do monarca, e dílle:

      -Sepa su Real Majestá que o cabalo blanco esta deitado no prado, éntranlle as moscas pola boca, e sáenlle por debaixo do rabo.
Díxolle o rei:

      -¡Hombre! ¡entonces está muerto!

      E contestóulle o galego:

      -¡Ai, eu non lle sei, meu señor; non lle entendo de veterinario!

      E, como non lle dixo direitamente que o cabalo morrera, libróu ao andaluz de morrer aforcado..

Ningún comentario:

Publicar un comentario