mércores, 1 de abril de 2020

A galiña asustada

Unha vez era unha galiña que estaba debaixo dun castiñeiro, e caeulle un ourizo na cacorrochiña. Comezou a correr, e topouse co galo.

-Marche de aí, don Galo, que cae o mundo a pedazos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na coroniña.

E marchou

Chegou onde a lebre, e díxolle:
-Marche de aí, dona Lebre,
que cae o mundo a pedazos.
-¿Quén llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na coroniña.

Marchou, e chegou onde a raposa:

Marche de aí, dona Raposa,
que cae o mundo a pedazos.
-¿Quén llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na coroniña.
-Se cae o mundo a pedazos,
eu quero ir ben fartiña

E dun bocado chimpou  á faladora galiña..

Ningún comentario:

Publicar un comentario