mércores, 1 de abril de 2020

A intención basta

 Unha vez era un paisano que se foi confesar, e díxolle ao crego: 

      - Mire, señor cura, o outro día, ao pasar por diante da aira do tío Xan, vin un cabrito moi bo, e quíxeno coller, pero, como a cancela da aira taba pechada, non puden collelo. 

      Entonces díxolle o cura: 

      - ¡Ai, hijo mío, la intención basta para pecar! ¿Cuánto valdría el cabrito? 

      - Señor, o cabrito valería un peso, pouco máis ou menos. 

      - Pues entonces tienes que traerme un duro, para descargar una misa en sufragio de las benditas ánimas del Purgatorio; de lo contrario, no puedo echarte la absolución.

      - Bueno, señor cura, bueno, xa lle traeréi o pesiño.
O paisano foise a casa a buscar o peso, pero , en vez de darllo pola porta, dáballo pola rexa das mulleres. O cura dicíalle que llo dera pola porta, pero el insistía en darllo pola rexa. 

      I, en vista de que non cabía por ela, díxolle ao crego:

      - Ai, señor cura, a intencion basta; tampouco o cabrito coupo polas bardas da cancela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario