mércores, 1 de abril de 2020

O fillo parvo

Era unha velliña que tiña unha filla monxa e un fillo medio parvo

    Chegóu o momento que ela morréu, e o fillo (que era o que estaba con ela na casa) escribíulle á irmá que lle viñese ao enterro da nai, e ademáis que lles pagase aos curas, por que el non tiña unha cadela siquera. 

    A monxiña veu inmediatamente a casa, e mandóu que se fixese un enterro de primeira, que ela pagaría todo. Asi o fixeron. Pero, á hora de pagar, ela escapóu, e o rapaz (que, como dixemos, era pavo dabondo e probe), cando lle reclamaron que pagase, dixo: 

    -Que pague a porca da miña irmá. 

    -Vostede está tolo. ¿Cómo lle chama iso a unha muller que está casada con Cristo? - díxolle un dos curas. 

    -Pois, logo, que pague o meu cuñado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario