xoves, 2 de abril de 2020

O soño do galo

Certo galo tivo un soño que lle provocou moito desacougo.  Soñou que no curral había un animal estraño.  Ao galo tanto lle molestou aquel pesadelo que se puxo a berrar  Unha das galiñas espertou e o galo contoulle o seu soño e a galiña escachou coa risa. Díxolle que nada lle ía pasar porque tivera aquel soño.  Propúxolle dar n paseo polo curral.  O galo aceptou e botou andar, cantando, seguido da galiña.  De súpeto, veu unha raposa que estaba sentada axexando.  Era o caso que o galo xamais vira unha raposa.  Quixo voar e pousarse nunha estaca onde poidese estar seguro mais a raposa díxolle que era a súa amiga e que non quería facerlle mal.
Pasaba eu por aquí –dixo a raposa-, e oín a túa doce voz.  

O galo hinchou e despois de mover as ás como abanicándose, quedou no chan.  Este era o momento que agardaba a raposa.

-Lémbrome do teu pai  -dixo a raposa.  Que gran cantor era!  Acostumaba pórse de puntas e estirar o pescozo e cando ía dar a súa nota máis alta, cerrou os ollos.  A raposa colleu ao pobre cantor polo pescozo e escapou.  Unha das galiñas, ao ver tan triste  espectáculo, pegou un gran berro.  A dona do galiñeiro saíu da casa, sacou un bastón e foi correndo detrás da raposa, pero esta correu e suou moito, ata que por fin chegou a unha fraga onde lle dixo ao falo:

-Se eu estivese no teu lugar quedaríame aquí e aquí comería á présa a pesar da vella e o seu bastón.
-Tes razón –dixo a raposa.  Así o farei
Mais no momento que a raposa abriu a boca para dicir estas palabras, o galo sacou o pescozo de entre os dentes e, nun abrir e pechar de ollos, voou e pousouse sobre a póla dunha árbore.
-Baixa, explicareiche porque o fixen –dixo a raposa.
-Non, non baixo.  Déchesme unha lección

O mesmo dixo e repuxo a raposa
-Estame ben por falar cando calar debía

Ningún comentario:

Publicar un comentario