xoves, 2 de abril de 2020

Parentes

Había unha vez dous curmáns que entraron no exército.  Nunha das sesión  que tiñan co sarxento, este preguntoulle a un deles, amosándolle a bandeira:

-Soldado, dime o que é isto!
-É unha pregunta moi doada, meu sarxento. Iso é un trapo colgado dun pau.

O sarxento entrou en cólera, e non sei se lle deu un puntapé, unha labazada ou que, o certo é que o soldado tivo que quedar con elas.  O sarxento díxolle:

-Isto é a túa nai.  É a bandeira.

Logo tocoulle a vez ao curmán do soldado, e o sarxento fíxolle a mesma pregunta sinalando outra vez cara á bandeira:

-Soldado, isto que vén sendo?

Este, que estivera moi atento observando o que lle pasara ao seu curmán e non quería levar un lapote deses que non se sabe por que pero cando o levas non te podes defender, díxolle:

-É a miña tía Manela, meu sarxento, a nai do meu curmán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario