xoves, 2 de abril de 2020

Máis ensina a necesidade ca universidade

Había unha vez un pai que tiña un só fillo e eran moi pobres.  Un día, o pai dixolle ao fillo que tiña que ir co burro leva-lo gran ao muíño.  O fillo díxolle entón ao pai:

-Pero papá, como vou ir eu so levando un saco de fran que non podo con el?

-Leva o burro, meu fillo

-Pero, papá, se eu non teño forzas para poder descarga-lo saco e baleiralo na caixa do muíño

-Non te preocupes, meu fillo.  Entón pídeslle axuda á necesidade. Xa verás como vén na túa axuda.

O rapaz non quixo preguntar máis nada.  Pero cando ía polo camiño, á saída de súpeto dun paxaro dunha Silveira asustou ao pobre do burro e este, ao saltar, dou co saco de gran no chan.

O rapaz nin tan siquera intentou botarlle mana o saco, suxeitando ao burro pola corda e berrando moi confiado:

-Necesidade, axudame!

Pero ninguén acudiu aos seus berros, aínda que insistiu unha e outra vez en seguí-lo consello do seu pai.

Cando, ao fin, se decatou de que realmente non ía vir ninguén na súa axuda, arrimou o burro como pudo a ovalo que había á beira do camiño e, despois de atalo a un pau de toxo, arrastrou como pudo o saco de gran ata a cima do valo e, con moito traballo, logrou botalo enriba do burro.  Xa no muiño, non quixo volver chamar pola axuda que lle aconsellara seu pai, e outra vez  arrastrando o saco ata dentro do muíño foino baleirando pouco a pouco na caixa, a puñados, ata que foi capaz de subilo enriba da cabeza e baleiralo de todo.

-Papá –queixouse o rapaz cando estivo de volta na casa-, eu fixen como ti me dixeches. Chamei pola necesidade para que me axudara primeriro a levanta-lo saco que tirou o burro e, despois -mentiu agora- cando tiven que subilo e baleiralo no muíño. Pero ninguén acudiu á miña chamada

-E ti que fixeches, meu fillo?  -díxolle o pai.

E o rapaz explicoulle os traballos que pasara para poder resolver ámbalas dúas situación.

-Pois esa é, meu fillo, a necesidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario