mércores, 1 de abril de 2020

A raposa e o galo

Unha raposa colléu un fermosisimo galo, e este, querendo fuxir dos dentes da raposa, díxolle moi cuco:

     -¿A que non eres capaz de decir "Tanta castaña"?.

    A raposa gralleóu como poido:

    - Tanta castaña.

    -Non vale, máis crariño que iso nin Diolo entende.

    -Tanta castaña -repetíu a raposa abrindo a boca dabondo.

    Saíu o galo, cacarexando, pousóuse nun carballo. A raposa, bulrada, decíalle:

-Xan, pelourán,
baixa pola roupa.
-Non baixo, non,
que Deus que me deu esta,
hame dar outra.

    A raposa maxinaba facer baixar ao galo do carballo i escomenzóu a frotar o rabo contra o pé do árbore a ver si o cortaba. Entón o galo rindose díxolle á raposa:

-Líbreme Deus de fouce e machado,
que rabo de raposa non corta carballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario