xoves, 2 de abril de 2020

Carallo co angazo!

Manecho era un indiano que botara nas Américas e mais nas viaxes polo menos dez meses e xa levaba na casa dende que voltara seica dous ou tres, por eso seguía sen botar unha man ao traballo.
Un día que o pai escollía na louza na eira, Manecho, cabo del, recollido no alpendre para que non o tomara o sol, movía unha ferramenta coa punta do pé e preguntoulle ao vello:

-¡Mi padre! Diga vosté, mi padre, ¿Cómo llamás vos por acá a esta herramienta?

O pai mirou para el e non deu fala.

-¿Es que vos no me oís, mi padre? – insistiu el.
-Oín, home, oín!  E logo é que ti non o sabes? Esqueceuche?

Manecho nun descoido, fixo máis forza co pé, e o mango da ferramenta foille bater nos fociños.

-Carallo co angazo! –dixo.
-Ai, recorcio! Logo, acordaches –dixo o vello.

E disque dende aquela nunca máis Manecho volveu esquecer cousa da súa terra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario