mércores, 1 de abril de 2020

O abade e o neno da vaca

O señor abade atopou na corredoira á nena da veciña que levaba unha vaca pola corda.

 -E  logo - díxolle -. ¿Seica levas a pastar á vaca? 
  
 -Non señor, ¡lévoa ao boi! 
  
 -¿Que a levas ao boi? ¿E vas ti soa? 
  
 -¡Seica si! 
  
 -Daquela, ¿e que non hai xente na casa? 
  
 -¡Hai os de sempre! 
  
 -Pois iso quen o debía facer é teu pai. 
  
 -Meu pai non, señor, que non vale, ¡ten que ser o boi!

Ningún comentario:

Publicar un comentario