Temos grande festa
hoxe na fraga,
que casa o auriol
coa súa rapaza.
Un merlo é o crego
pois xa ten sotana;
de madriña a rula
moi ben enfeitada;
padriño o carrizo,
e quen levas as arras
é o paporrubio
nunha caixa branca.
As aves xa teñen
a orquesta argallada;
o pardal o bombo,
o xílgaro a gaita,
o peto o tambor
a rula acompaña.
Baila a lavandeira
e o ruiseñor canta.
Que belida festa
hai hoxe na fraga!
Ningún comentario:
Publicar un comentario