mércores, 1 de abril de 2020

Deixe que xa ...

-Pois, señor, pasei onda a súa porta e dixen:"¡Canto hai que non vexo o señor escribán! E como tiña vagar, entrei botar unha parrafada".

     -Voulle vello, señor, voulle vello, e para o que un vai vivir..............

     -Ai, tío Xacobe, se todos falaran así, ¿que seía de nós?

     ¡Boh! O falar non lle ten cancela.....E, a propósito, a ¿vostede gústanlle as pavías do Ribeiro?

     -Gustan.

     -Pois, deixe que xa.....
Seguiron falando e o vello preguntou:

     -¿Sabe que séra que me contaron que tiña cuestión cun veciño porque seica as ponlas dunha maceira do outro pasábanlle por riba da súa e queríalle pillar as mazás?

     -Non sei quen poida ser.

     -¿E a vostede que lle parece? ¿Que tiña ou que non tiña dereito?

     -Home o uso é que a froita que caia é para o dono da terra onde caeu mais a que está na arbore non a pode pillar, que non é del.
Cando deixou ao escribán, o tío Xacobe comprendeu que non pagaba a pena poñerlle preito ao veciño.

     Pasaron días e o tío Xacobe, que moito cismara, pillou unha escada e unha serra e foise tumbar as ponlas da maceira do veciño. Xa tronzara unha e comenzaba con outra cando apareceu o dono da maceira. Rifaron e o tío Xacobe tivo que deixalo, non sen antes falar de lle poñer preito.

     E foise logo a ver o escribán.
-¡E logo, tío Xacobe! ¿Que é o que o trae por esta casa?

     -Pois señor, véñolle porque o outro día ofrecinlle as pavías do Ribeiro e cando cheguei á casa os rapaces coméranas todas, ¡mais deixe que non ha perder cousa! ¿Gústanlle as troitas? ¿Si? Pois deixe xa....

     E coma sempre puxéronse a falar e tío Xacobe argallou un conto para saber se gañaría o preito, de llo poñer ao veciño, e cando 
marchou comprendeu que non pagaba a pena poñelo.

     O veciño do tío Xacobe, que non lle gustaban as cuestións e menos aínda meterse na xusticia, coa caraxe que tomara, foise e, ao outro día, tronzou a maceira.

     -¡Ei, carafio! -fixo o tío xacobe-. ¡Ti seica me queres amolar!¡Eso si que non!
E coa mesma foi pé do escribán.

     Cando o tío Xacobe pediu licenza, o escribán refregou as mans e pensou que por fin viñan as troitas e aquel día xa falou ao chegar:

     -Señor escribán, o meu veciño tronzou a maceira e quérolle poñer preito. El non podia cortala sen meu consentimento. Eu 
apañaba as mazás que caían na miña horta e, se el tronza a maceira, non podo apañalas, faime unha perda, e como me fai perda, ten que dar resarcimento, ¿non si?

     -Home, habería que estudar a cuestión ¡e teño tanto traballo!
     -Coma min, coma min, así foi que me esquenceron as troitas pero teñolle na casa unha lebre que é moita lebre.

     ¿A vostede gústalle a lebre?

     -¿Gustame abofé!

     -Pois deixe que xa..... E, daquela, ¿que é o que lle parece o meu preito?
-O seu preito, tío Xacobe xa llo eu estudarei e deixe que xa.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario