mércores, 1 de abril de 2020

O boticario o parvo e as moscas

Un home, que tiñan por medio aparvado, entróu unha vez na botica, e díxolle ao boticario:

    -¡Ai, señor, cántas moscas ten aquí! 

    -Pois mira - díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un euro. 

    O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seica vinte ou vintecinco. 

    O boticario iba mirando unha por unha, e íalle dicindo según as separaba: 

    -Esta é "mosco". 

    Separaba outra, e dicía igual: Esta é "mosco". E así todas. Ningunha era mosca, todas eran "moscos". 
Craro, non lle deron ningún euro, e fixéronlle a risa. 

    Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e mesturoullo co mel que lle ia  mandar ao boticario. 

    Pasóu o tempo e, un día que foi o home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel. 

    O boticario contestóulle:

    -Home, esta vez non estaba nada bo. Hasta parece que sabía a merda, con perdón. 

    -E máis a tiña  - díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que lle sabe separar as moscas dos moscos, que separe a merda do mel. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario