Amosando publicacións coa etiqueta Mellor na casa que en lado ningún. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mellor na casa que en lado ningún. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2020

Mellor na casa que en lado ningún

Unha velliña que tiña case que cen anos quixo arranxar as súas contas porque, como dicía ela, á hora menos pensada podía pasar calquera cousa.  Fóronlle buscar ao crego, recebeu os sacramentos e logo díxolle ao crego:

-Señor cura, logo eu agora xa teño que morrer?
-Non, señora, non!  Os sacramentos non matan a ninguén.  Pero mire, non teña ansía que no ceo estáselle moi ben.
-Mire, señor crego, -dixo a vella- deixeseme de contos! Que coma na casiña dun non se lle está en ningún lado.