xoves, 2 de abril de 2020

Un home valente

O Ramiro era un home verdadeiramente destemido.  Ninguén que escoitara falar del puña en dúbida a súa valentía.  Como dicía a xente non lle tiña medo nin a vivo nin a morto.

Unha noite, que volvía tarde, coma sempre, da taberna, descubriu que alguén se movía diante del, ó seu modo de pensar, dun xeito provocativo

-Ti quen es? –preguntoulle moi arroutado o Ramiro

Pero o fulano nin contestou nin deixou de moverse, de todo indiferente ao mal humor de Ramiro.

-Non cho volvo preguntar –falou Ramiro con máis desacougo que mal xenio- Quen es e que queres de min?

E sen agardar resposta, diante da insolencia do descoñecido, sacou o revólver do peto do pantalón e descargou contra el o cargador enteiro.

Ao día seguinte, uns mozos que atoparon parado no camiño ao Ramiro, que non lles quixo dicir nada do que estaba a acontecer, puideron comprobar que o Valente e destemifo veciño matara a tiros a noite anterior a …..unha xesta que se movía co vento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario