mércores, 1 de abril de 2020

Mal can

Un home tiña moltas ovellas e cabras. Andaba con elas polo monte. Axudáballe un can pastor moi grande.
Un dia ó pastor pegoulle o sono, e, facendo confianza no can, que xa el gardaría o gando, botouse a durmir toda a tarde.

Cando espertou non viu nin cabras nin ovellas. Todas llas comera o lobo que viña rabeado coa fame.

O pastor mirou para o can, que tamén durmía, e dixo:

- Vaia, home. Os dous gardamos por igual. Agora si que podemos durmir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario