mércores, 1 de abril de 2020

Os dou burriños e o porco

Había un home que tiña dous burriños  que os amarraba para ara-la terra; pois  era mais barato que ter bois ou vacas e tiña tamén un porco. O porco e os burros  eran visiños, vivían en cadanseu lado da corte.
Os burros  queixabanse da súa sorte disindo:
-Hai que naser con sorte!  Nos, despois de que nos chamen burros, imos traballar, aramo-la terra e cando vimos de volta inda nos carreghan de leña. En cambio  a ese de aí  báñanno (porque daquela lavabanse aos porcos, cando a lúa ia para abaixo, incluso os que vivían a carón da área metían aos porcos no mar e baldeabannos), danlle de comer ben á súa hora, estrúmanlle ben a cama e nos aquí. Xa hai que che ter sorte!
Cando, unha mañá, máis sedo co de costume, sinten que hai balbordo na casa, miran vir aos donos cara a corte e din:
-Ai, caramba! hoxe a mañán debemos ter que ir labra-la terra moi lonxe que veñen mais sedo do habitual.
Pero os donos desta ves non viñan canda eles.
-Mira, sacan ao porco fóra!
-Sabe Deus que lle van dar de comer! Oes, ergherono sedo
O porco estaba sebado e ghordo de medo . Entón de súpeto sinten chiar fóra e dille un dos burriños ó outro
-A ver, mira por esa fenda da porta, mira. Miras algho?
-Miro, miro, estanno poñendo nunha mesa
-Iso é que o van invitar a comer na mesa e todo
Mais de repente sentiron chiar mais forte e o que estaba na porta ollando mirou saír sanghe e di:
-Oiches? Estano matando!
E  di o outro burriño:
-Xa mo paresía a min! O comer sen traballar, nalgho ha de vir dar

Ningún comentario:

Publicar un comentario