mércores, 1 de abril de 2020

Mingos ten xenio

Nunha aldea inmediata á vila de Sarria, había un matrimonio que a muller lle pegaba moitas veces ao home.

   Un día el viuna vir pola eira cun fungueiro na man para pegarlle como de costume. El foi a meterse debaixo do banco para quen non lle puidera dar no lombo. Ela, así que chegou e o viu debaixo do banco, como alí non lle podía zumbar, dicíalle:

   - ¡ Sae de baixo do banco, home ¡ ¡ Sae, que che vai ser mellor ¡

   Pero el non saía e logo dicía:

- ¡ Non saio, non ¡ ¡ Non teñas medo que saia, que algunha vez ha de ter Mingos xenio ¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario