xoves, 2 de abril de 2020

Mellor na casa que en lado ningún

Unha velliña que tiña case que cen anos quixo arranxar as súas contas porque, como dicía ela, á hora menos pensada podía pasar calquera cousa.  Fóronlle buscar ao crego, recebeu os sacramentos e logo díxolle ao crego:

-Señor cura, logo eu agora xa teño que morrer?
-Non, señora, non!  Os sacramentos non matan a ninguén.  Pero mire, non teña ansía que no ceo estáselle moi ben.
-Mire, señor crego, -dixo a vella- deixeseme de contos! Que coma na casiña dun non se lle está en ningún lado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario