mércores, 1 de abril de 2020

O xigante e o parvo

Unha vez eran dous irmáns. Un era listo e o outro era parvo. Un día foi o listo pra o monte coas ovellas, e víu un xigante que collía unha pedra ao mesmo tempo que lle decía: 

      - Si ves aquí, fágoche así.- E desfixo a pedra por entre os dedos das mans. O listo tivolle medo e escapóu pra casa, deixando as ovellas solas no monte.

     E díxolle a nai: 

      -¿Que che pasóu? ¿Onde deixaches as ovellas? 
El contóulle que as deixara no monte porque vira un xigante e collera moito medo. 

 Entonces dixo o parvo:

     - Agora vou eu. 

     E foi ao monte, e víu ao xigante que collía unha pedra e que a desfacía entre os dedos, e tamén escapou pra casa. E, ao chegar a 

ela, pedíulle a súa nai unha pouca de manteiga fresca. Volvéu ao monte, e volvéu ver ao xigante, que lle dixo: 

     - Se ves aquí, fágoche así - ao mesmo tempo que desfacía a pedra entre as mans. Logo o parvo tamén lle dixo: 

     -Pois. se ti ves aquí, tamén che fago así. - E apretóu a manteciga entre os dedos da mau, e desfíxoa. O xigante, que tal víu, díxolle 
se quería ir de criado seu, que lle había de pagar mil pesetas por día, pero que tiña que ganar en todo, se non, o mataba. 

     O parvo dixo que sí a todo. Logo o xigante díxolle:

     -Mañá temos que vir pegarlle un golpe a esta pena, a ver quén fai un burato máis fondo. 

     O parvo choraba, pero veu a casa de noite a traer as ovellas, e pedíulle a súa nai que lle dera un papel, un cincel e un martelo e foi xunto o penedo que dixera o xigante, e estuvo toda a noite facendo un burato, hasta que pudo meter a man nel hasta o cobado. E despóis, púxolle o papel por riba pra que non se coñecera, e volvéu levar as ferramentas pra casa; e despóis marchóu dormir xunto o xigante, e entróu caladiño pra que non o sentise. 
Ao chegar a mañá, fóronse os dous ao penedo pra ver cál facía un burato máis grande dun solo golpe. E dixo o xigante:

     - ¿Primeiro eu ou ti?

     Dixo o parvo: 

     - Eu.
E deu co puño onde tiña o papel, e chegóu hasta o cobado. Despóis déulle o xigante, e chegóu hasta a muñeca, e  rompéu os dedos, e díxolle: 

     - ¿Cómo fixeches ti?

     Contestóulle o parvo:

     - ¡Eu, dándolle! 

 Aquel día ganóu as mil pesetas, e foillas levar á súa nai. Ao outro día díxolle o xigante: 

     - Mañá vamos a ver quén tira máis piñeiros dun trompazo.

     Aquela noite, o parvo foi xunto a súa nai, e pedíulle un serrón, e foi e serróu sete piñeiros, e deixóunos presos pola casca, e volvéu a levar o serrón á casa, i el marchóu logo a dormir co xigante, que non se deu conta de nada.

     Á mañá, marcharon a tirar os piñeiros, e díxolle o xigante: 

     -¿Eu ou ti? 

     Dixo o bobo: 

     -Eu. 

     Déulle a un e tiróu sete. E foi o xigante e tiróu tres, e díxolle. 
     - Tí es o demo, que me ganas. Pois mañá vamos a ver quén come máis papas. 

     I, ao outro día, puñéronse a comer papas. O bobo coméu sete tazas i o xigante catorce, e díxolle o parvo: 
-¿Habemos comer máis? 

     E díxolle o xigante: 

     -¿E logo? A mín aínda non me chegan a nada.
- E, si non como máis, ¿mátasme, xigante?

     - ¡Non che queda máis que a morte, se non comes máis que mín! 
Logo o paro, sin que o soupera o xigante, foi á corte dos bois, matóu un touro e quitóulle o fol, e metéuno entre a camisa, e foise outra vez a comer papas. O xigante coméu dazaséis tazas, i o bobo trinta e dúas, e inda decía que comía máis; pero non era na barriga donde as metía, sinón no fol do boi. Dixo o xigante:

     - ¡Ganáchesme outras mil pesetas!; pero agora has de perder. Heite matar. Imos ver quén corre máis. 

     Ao outro día puñéronse a correr cinco voltas nun campo. O que antes as dera, ganaba. I o xigante corría máis. Cando o parvo chegóu á beira do campo, o xigante xa tiña dado súas voltas. No campo andaba unha muller segando cebada con un couciño, i o bobo pedíullo, e, despóis que o tivo, díxolle ao xigante: 

Ahora vou abrir a barriga pra correr máis.

     En vez de abrir a barriga, abríu o fol que levaba escondido, e corría máis. 

      Logo, o xigante tamén lle pedíu o fouciño á muller, e abríu a barriga e morréu. 

      E ganóu o parvo ao final


Ningún comentario:

Publicar un comentario