mércores, 1 de abril de 2020

O nome do caracol

Unha vez estaban Xesús e San Pedro poñéndolle nome ós animales e entón todos tiñan xa nome menos un bichiño que ía arrastrándose, con cornos e todo iso por aí. Ia arrastrándose polo chan e di San Pedro:
-¡Xesús!  e a ese ¿cómo lle poñemos, que non ten nome?
E queda Xesús pensando e di:
-E vai de cara á col; pois mira, como vai de cara á col, ímoslle chamar caracol.
E salta o caracol e di:
-¡Pois menos mal que non vou cara a un allo

Ningún comentario:

Publicar un comentario