mércores, 1 de abril de 2020

Do Noso Señor e San Pedro

“Cando Noso Señor e San Pedro andaban polo mundo, foron pedir pousada a unha casa onde había unha muller sóla; deitounos os dous nunha mesma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíalle a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis., máis a vella, así que se enrabechou, colleu un pau e empezou a mallar en San Pedro que estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez e así lévalas ti sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, e entonces volveu a vella: ¨!ai, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixade que antes dinlle co pau o da borda, pero agora lévallas o da parede¨; e empezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi sempre o San Pedro”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario