xoves, 2 de abril de 2020

O parvo do trole

Nalgún tempo, cando había inda troles un home ía de Marín a Pontevedra a vender un pavo á feira.  Ao subir ao trole, o cobrador díxolle:

-Oia, faga o favor, co pavo non pode subir

O home como non tiña outro medio de transporte par ir á feira, saíu fo trole foi a un bar que alí preto había e meteuse no baño. Como tiña un pantalón desde enormes, dos de antes que había que encher coa palla no cu, baixou o pantalón, meteu o pavo entre as pernas e atou o cinto.  Entrou pouco a pouco e sentouse nun asento.  Ao pouco, entróu unha muller cun cesto de repolos, sentouse ao lado do home e puxo os repolos debaixo do asento. Nisto que se achega o cobrador e desconfíado mira para o home por ver que  foi o que fixo co animal. Pediu os billetes e foise; mais de súpeto o home non cerrara ben a pitrina do pantalón e o pavo meteu a cabeza por ela, mira os repolos e zaca! pégalle dous pinicazos. O home colle a cabeza do pavo e volvea meter para dentro.  O home seguiu falando coa vella como se nada, pero nun momento destes o pavo volveu sacar a cabeza e deu outros pinicazos aos repolos.  E vai o home… ras! meteu outra vez o pavo para dentro.  Pero na terceira vez, ao home volve o pavo a saírlle pola pitrina, e a vella entón mirou o pavo, mirou aos repolos todos picados e dixo:

-Aaaai!

-Que señora nunca mirou un carallo?

-Ai, meu fillo, eu carallos teñoche visto moitos, pero que coman repolos….É o primeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario