mércores, 1 de abril de 2020

Os dous cazadores

Un día, indo dous cazadores de caza, xuntáronse pra comer a contar as impresiós do día, e un contaba: 

      - Eu, dun tiro, matéi catro perdices, e, de outro, matéi seis. 

      O outro dixo: 

      - ¡Home, xa está ben! ¡Pero aínda foi peor eu, que, dun tiro, atraveséillo o ollo e a perna ao corzo! 

      - ¿E cómo pudo ser iso? Si lle deches na perna, non lle poideches dar no ollo. 
Entón o criado do outro remedóulle dicindo: 

      - É que, cando o corzo saltaba un valado, ao levantar a perna á altura do ollo, foi cando lle ceibóu o tiro, e pasóulle da perna ao ollo.

      - Ai, así xa pode ser algo millor. 

      Cando logo se quedaron solos o amo e o criado, díxolle éste a aquél:
- Outra vez, meu amo, minta máis a modo, que costóume moito traballo xuntar a perna co ollo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario