mércores, 1 de abril de 2020

Agora si que te collín!

Un pequeno máis listo cun allo sabía o catecismo do dereito e do réves. Tan ben, que el mesmo lle dicía ao señor crego que non tiña por que collelo. Un día, o señor crego empezoulle a preguntar polo máis difícil. Pero o rapaz non fallaba unha. Seguíulle preguntando e, por fin, dunha vez o pequeno non soubo responder. Entón o crego empezoulle a dicir:

   - Logo caíches, rapaz. E logo caíches.

   Quedouse o rapaz todo avergoñado pola burla e quedouse pensando como cobrarlla ao crego. Por fin ocorreuselle preguntarlle:

   - Señor crego, ¿ e Deus estará no forno do meu pai ?

   - ¡ Home ! ¿ E logo ? ¿ Ti non sabes que Deus está en todas partes ?

- Agora si que tamén o collín eu a vostede, señor crego, que meu pai non ten forno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario