mércores, 1 de abril de 2020

Deixa o mundo como está

Un galego e un andaluz  estaban nunha fonda onde somentes lles puxeron de comer un prato de patacas con carne, estando a carne no lado do galego e as patacas no do andaluz.. 

    O andaluz comenzóu a falarlle ao galego do momento de rotación do mundo, e, pra esplicarlle mellor, comenzóu a move-lo prato, pois o que quería era deixa-la carne do seu lado, e namentres dicía: 
 -¿Lo ves? Así es como gira. 

      Pero o galego, entendeu o xogo, e voltando o prato, coa carne para sí berroulle o andaluz: 

 -¡Deixa o mundo como está ou féndoche a testa! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario