mércores, 1 de abril de 2020

Dous para ti e dous para min

Era no tempo da fame e dous rapaces xogaban preto dunha estrada cando de súpeto, dun camión que pasaba, caíron dous caixóns.  Os rapaces foron ver o que era e atopáronse  con dous caixóns de figos.  Entón colléronos e agocháronos no monte.  Un díxolle ao outro:
-Para repartilos quedamos esta noite no cemiterio e repartimolos a dous para ti e dous para min.

Cando estaban no cemiterio pasou por alí un home que viña da taberna e escoitou dicir

-…Dous para ti, dous para min!

Co medo que pillou foi correndo para casas a contarlle a súa muller que no cemiterio había pantasmas, e logo fóronllo contar ao crego.

Ao día seguinte o crego predicou no altar que aquela noite tiñan que ir rezar todos ao cemiterio.  E así foron.  Entón, canto todos estaban axionllados no chan e o crego estaba a rezar, escoitaron:

-Dous para ti, dous para min, dous para ti, dous para min…

Cando, de súpeto, oíron:

-Dous para ti, dous para min.  Xa non quedan máis. Vai fóra co caixón e traio cheo cos que están fóra
A xente ao oír aquilo botouse a correr e a berrar:

-Veñen por nos! Veñen por nos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario