xoves, 2 de abril de 2020

Os dous tolos

Eran unha vez dous tolos que fuxiran do manicomio.  Os gardas andaban cacheando e os dous escaparan polo Tellado. O máis listo dos dous tropezou cunha tella, a tella cae ao lado dun garda e este di:

-Quen anda aí?

O listo fai:

-Miaau!

E di o garda:

-Bah, é un gato

Os gardas siguen cacheando e máis tarde cae outra tella. E o garda volve preguntar:

-Quen anda aí?

E o parvo, que fora quen tirara a tella, dille:

-Outro gato

Entón o guardián decatouse de que eran eles e foi correndo atrás deles.  E, entón, ao ver que o guardián viña detrás deles, o listo agachouse dentro dun bidón e o parvo dentro dun saco de patacas.  E o guardián ao pasar por alí petou no bidón e máis no saco de patacas para ver se estaban alí. O listo ao tocar o guardián no bidón fixo:  Boim! O parvo, cando o outro tocou no saco fixo:  Patacoim!

Logo chegaron a unha praza e empezaron a dar voltas á mesma.  Cando os garda os estaban a atrapar, dille o listo ao parvo:

-Corre que nos collen!

E dille o parvo ao listo:

-Tranquilo, que aínda lle sacamos tres voltas de vantaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario